O ciclista chámase Juan estivo no equipo de ciclismo compostelano, o club Compostela e logo foi para o equipo de ciclismo do Luou. Contounos algunhas das carreiras que gañou na súa boa época: Trofeo Primavera de Ferrol, Carreira de Betanzos, Trofeo de Ciclismo Vila Das Pontes... formou parte da Selección Galega de Ciclismo, correu o Campionato de España... agora é un aficionado que segue entrenando e andando moitos kilómetros pero coma un deporte e algo que lle segue gustando moito.
Contounos algunhas cousas de bicicletas e ciclistas.
Tróuxonos tamén moitas cousas para ensinarnos: MAILLOTS, CULOTES, BOTELLÍN DE AUGA, GAFAS DE SOL, BOTAS, PULSÓMETRO, CASCO .... todo o equipamento para un bo ciclista como é él.Por suposto que non dubidamos en probar todo e tocalo.
O que máis nos gustou foi subir na súa bicicleta, que parece ser que ata ten un nome: NEGRITA, a ver se adiviñades como nós por qué se chama así.
Aínda que era unha bici moi grande para nós comtamos coa axuda da profe Silvia e do ciclista para subirnos a ela e poder quitarnos unha foto, PORQUE NON SE REPITE MOITAS VECES ESA OPORTUNIDADE!!
Mirade o ben que o pasamos:
Necesario alguén con función de arbitro para dirixir o tráfico:
A vestimenta axeitada:
Un podio para os corredores e as corredoras:
Un premio para todos e todas; a medalla do ciclista:
Houbo varias rondas. Mirade a todos e todas participando e recibindo o premio.
Tamén quitáronse as fotos de podio, en equipo, coma auténticos profesionais:
Sem comentários:
Enviar um comentário