terça-feira, 26 de fevereiro de 2008

FALANDO DE AUGA, POMPIÑAS E BURBULLAS







SEGUNDO EXPERIMENTO

Hoxe seguimos investigando sobre a auga. Fomos ver na nosa sesión de Pizarra Dixital, un video da auga onde vimos unha gotiña de auga que ía pasando por distintos lugares e situacións.
Segundo por onde pasaba convertíase en xeo, en vapor, en gotas de chuvia, en tormenta... vimos para que servía a auga: alimentar peixes, prantas, regar, beber, lavarnos...
O que nos gustou moito foi a música de fondo que era do grupo "Queen".





Logo, na aula, fixemos un experimento. Esta vez para saber a qué sabe a auga.
Primeiro fixemos o rexistro de ideas, anotando os sabores que cada neno e nena cría que era o da auga.O sabor máis votado foi o da Coca-cola (tampouco sei por qué).
A partir dagora papis e mamis non merquedes coca-cola, tedes o mesmo sabor nas botellas de auga(je, je, je):



e logo comprobámolo, probando varios sabores e comparándoo co da auga:






Chegamos a conclusión de que a auga non sabe nin a coca-cola, nin a laranxa, nin a limón, nin a fresa, nin a cebola, nin a tomate...
Averigüamos que A AUGA NON TEN SABOR!!!

Xa sabemos que a auga nin ten color, nin ten sabor!!
Que cousa máis rariña, non si?

PROXECTO COMÚN DA AUGA

Como ben sabedes comezamos un proxecto da auga, que decicimos facer todo o ciclo de Educación Infantil, dando apoio a iniciativa do Equipo de Medio Ambiente dun bo uso e responsable da auga.
Comezamos pois solicitando a colaboración das familias para traer a aula todo o que teñan na casa relacionado coa AUGA: C.Ds, contos, noticias....e logo, querendo saber o que os nenos e nenas sabían xa da auga, e isto foi o que saiu:







Despois de coñecer as ideas que tiñan os nen@s miramos o que queriamos saber da auga:






Puxémos a investigar esas propostas, e comezamos pola cor da auga.
Fixemos un rexistro das cores que críamos que tiña a auga. Sairon varias cores e varios resultados. A maioría dos nen@s crían que a auga era marrón (non sei moi ben por qué):




De seguida fixemos o noso primer experimento para saber de que cor é a auga. Para iso usamos papeis de celofán de cores para observar a través deles e ver que pasaba. Poidemos comprobar que a través deles non víamos a mesma cor que presenta a auga:









Comprobamos que co papel transparente viamos igual que coma a través da auga.Pero se poñemos outro papel de outra cor vemos de esa cor. De feito, a profe Silvia fíxenos uns anteollos con papel de cor e o poñelos vimos todo da mesma cor que o papel. Mirade que guapos e guapas fomos para casa:






Despois do primeiro experimento descubrimos que a auga NON TEN COR, É TRANSPARENTE.

O que si se pode facer coa auga é decolorala con condimentos alimenticios e outros productos coma pintura. é o resultado poden ser infinidade de cores:

























Con todas istas probas poidemos averigüar que a auga reflexa a cor que ten preto ou enriba, coma sería no caso do mar que vémolo azul, normalmente, porque reflexa a cor azul do ceo. Pero se o día non é bo e está nublado, a mar vese oscura.
Vimos a través dun vaso de auga a cor dos nosos mandilóns reflexados na auga.

Despois de convertir a auga en distintas cores, quixemos aproveitar esas pinturas e fixemos un cadro abstracto coa técnica do soplo (soplando por unha palla) e os resultados foron moi vistosos: