sexta-feira, 20 de junho de 2008

O MANDILÓN O FOGÓN

Os nosos compañeiros e compañeiras de 5 anos rematan a Educación Infantil para pasar a Primaria onde as cousas son moi distintas. Por iso quixemos facerlles unha festa de despedida onde tamén lle deron unha sorpresa moi emotiva a súa profe Uxía, que de seguro que a botarán de menos. A profe Ana axudoulles a facer unha poesía para Uxía que entre todos e todas fóronlle lendo verso por verso e cunha música de fondo de Toquinho. Logo fixeron o rap do mandilón onde decían que era un tostón, que daba moita calor... todo o malo que lle vían e en consecuencia quitáronno e metéronno no fogón para despedirse de eles para sempre. Logo, dímoslle un agasallo a profe Ana polo seu marabilloso traballo e tantas cousas máis que nos fixo e nas que nos axudou. MIL GRAZAS ANA!!! Non temos para pagarche todo o que nos destes.Eres estupenda!!


Sem comentários: