sábado, 19 de abril de 2008

PARABÉNS PARA ANTONIO

HOLA, MEUS NENOS E NENAS DE 3 ANOS B!!
Son a vosa profe Silvia, que ainda que está algo maliña espero estar pronto con vós.
Quería felicitar a ANTONIO que estivo de aniversario o venres 18.
Espero que o festellárades ben, que lle decorárades a coroa e que a levara posta para casa, que lle fixérades eses debuxos que lle damos de agasallo para que leve de recordo dos seus compañeiros e compañeiras, lembrástesvos de cantarlle o PARABÉNS?
Acórdome moito de vós.
Portádevos ben coas profes que vaian pola clase a sustituirme e moitos biquiños para todos e todas.

FELICIDADES ANTONIO POR ESES 4 ANIÑOS RECÉN CUMPLIDOS!!!!

quinta-feira, 17 de abril de 2008

Bebés




A AULA DE LUZ POZO GARZA

Dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística propuxemos que cada aula do cole estivese rotulada e adicada a galegos e galegas destacad@s polo seu traballo e de distintos ámbitos: escritores e scritoras, pintores e pintoras, deportistas, músicos....
Para o curso próximo traballaremos nas aulas as súas bibliografías e obras.

A nosa aula é a da poetisa LUZ POZO GARZA, podedes coñecela mellor con esta breve historia da súa vida e un resumo da súa obra.


Luz Pozo
{ Ribadeo, 1922 }

Luz Pozo Garza é unha poetisa galega e membro da Real Academia Galega.

Luz Pozo Garza naceu en 1922 en Ribadeo, Lugo, e é alí onde vive ata 1929, cando se traslada a súa familia a Viveiro, Lugo.

Aos oito anos comeza a aprender piano, violín, e laúde. Estuda na escola Ribadense Prieto Cussent e máis tarde, por libre, no Instituto de Lugo. De 1936 a 1938, debido a que o seu pai, inspector veterinario, é detido por pertencer a Esquerda Republicana , vive nunha fonda na cidade de Lugo coa súa nai.

En 1938 trasládanse co seu pai a Lareche, Marrocos, onde continúa os seus estudos de bacharelato facendo 3º e 4º. O seu único irmán home, Gonzalo, falece en Jaca en
1939.Ao ano seguinte o seu pai volve exercer de inspector e retornan a Viveiro, onde en 1944, Luz termina o Bacharelato na Academia "José María Casariego" e en maio dese mesmo ano casa cun profesor, Francisco Vázquez Ramudo e termina o ciclo elemental de Solfexo e Piano.


Ao ano nace o seu primeiro fillo, Gonzalo, e en 1946 examínase na Coruña e Lugo para obter o título de Maxisterio. Será nas publicacións, As Ribeiras do Ero, A Noite , Poesía Española , Ínsula , Vida Galega , onde verán a luz as súas primeiras composicións.

O seu primeiro libro será publicado en 1949, Ánfora . É nomeada correspondente da Real Academia Galega en 1950. Reside en Viveiro de 1950 ata mediados os sesenta. Obtén o Ciclo superior de piano na Coruña e licénciase en Filoloxía Románica pola Universidade de Oviedo. En 1959 nace a súa filla Mónica e en 1962, Luz. En 1964 aproba a oposición de Adxunto de Bacharelato de Lingua e Literatura e trasládanse á Coruña.

Traballa en Badaxoz, Corcubión, e finalmente A Coruña. De 1975 a 1976, codirige, con Tomás Barros, a revista bilingüe, Nordés, Revista de Poesía e Crítica , pero por ser muller, ten que figurar como subdirectora. En 1977 trasládase a Vigo onde traballa como agregada ata o seu nomeamento como catedrática en Nigrán, Pontevedra.

casa en segundas nupcias con Eduardo Moreiras e dirixe elle soa a segunda etapa de Nordés. A súa xubilación virá en 1987. Obtén o Premio Tomás Varro de ensaio en 1990.

En 1996 é nomeada académica e entra a formar parte do consello directivo da Real Academia Galega ocupando a cadeira de brazos Ou e lendo o seu discurso de recepción o 26 de Novembro de 1996.



Obra
Ánfora, 1949
O vagabundo, 1952
Ou paxaro na boca, 1952. Poesía.
Cita no vento, 1962
Últimas palabras/Verbas derradeiras, 1976. Poesía.
Concerto de outono. Sada: Ediciós do Castro, 1981. Poesía.
Falando a Rosalía, 1985. Poesía.
Códice Calixtino. Barcelona: Sotelo Branco, 1986. Poesía.
A bordo de "Barco sen luces" ou ou mundo poético de. Barcelona: Sotelo Branco, 1990. Ensaio.
Álvaro Cunqueiro e "Herba de aquí ou acolá". Vigo: Galaxia S.A., 1991. Ensaio.
Prometo a Flor de Loto. A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 1992. Poesía.
Gañadora do Premio Miguel González Garcés 1992
Galicia ferida : a visión de Luís Seoane. Sada: Ediciós do Castro, 1994. Ensaio.
Ondas do mar de Vigo : Erotismo e conciencia mític. A Coruña: Espiral Maior, 1996. Ensaio.
Vida secreta de Rosalía. A Coruña: Espiral Maior, 1996. Poesía.
Diálogos con Rosalía. A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 1997. Discurso/Conferencia.
Tres poetas medievaìs dá ría de Vigo : Martín Coda. Vigo: Galaxia S.A., 1998. Ensaio.

BO PROVEITO!!!

O mércores pasado non levamos merenda a clase porque a profe Silvia díxonos que íamos festexar o aniversario de Antonio pero a profe equivocouse e non era o cumple de Antonio;atopámonos sen merendas e sen biscoito de cumple, entón fixemos na aula uns bocatas(que é a merenda dos mércores) cunhas barras de pan ben fresquiñas e crujientes que nos foi mercar a profe Ana con xamón cocido e queixo.
Estes bocatas da profe estábanche ben bos!!
Comémolos todiños e aprendimos a facelos:











quarta-feira, 16 de abril de 2008

OS EMBARAZOS DE AGUIÑO

Non hai nada mellor que poñerse na pel dos demais para poder saber o que sinten.
Nós quixemos imaxinar o que poden sentir as mamis cando están embarazadas e teñen no ventre un neniño ou unha neniña.
A profe Silvia tamén se animou e mirade como foi a experiencia:









sábado, 12 de abril de 2008

NACE UN NOVO PROXECTO

Comezamos un proxecto novo toda a etapa de Ed. Infantil titulado:
ÉRASE UNHA VEZ... UN/UNHA BEBÉ.
Previamente anotamos todo o que sabiamos dos/das bebés:





Logo, solicitamos a colaboración das familias e xa comezamos a ter respostas:
Chegaron ás aulas cordóns umbilicais, patucos, babeiros, biberóns, cueiros, videos, fotos....

En cada aula naceron uns bebés. Na nosa naceron dúas xemelgas que cada neno e nena levará durante dous días para a súa casa para aprender os coidados dun bebé.
As nosas bebés chámanse RITA E ISA.



Aprendimos xa moitas cousas:

Ós/ás bebés cando nacen póñenlle unha pulseira no hospital co nome da súa nai, para saber de quen é fillo ou filla. Nos puxémoslle unha a nosa bebé que nos trouxo a ver unha nena de 4 anos da profe Paula:




Aprendimos a poñer un cueiro:







Aprendimos e escoitamos cancións de berce para arrolar e durmir ós/ás nenos e nenas:

VINDE TODOS CALADIÑOS,
VINDE TODAS CALADIÑAS,
QUE O MEU NENO ESTÁ DURMINDO
ESTÁ DURMINDO NO COLIÑO.






Aprendimos que as ECOGRAFÍAS son unhas fotos que se lle quita ós/ás bebés cando están dentro do ventre das súas nais:




Coñecimos animais que nacen dentro do ventre da súa nai e son MAMÍFEROS coma a nós:




Estivemos vendo fotografías que nos trouxo Iria, Ramón, Ainhoa, Lucía Pérez de cando eran bebés. Tamén trouxo Lucía P. un biberón e Ainhoa cousas de cando ela era pequena: uns patucos, uns babeiros, uns zapatos, un xoguete, unha palma de ramos moi pequena, a vela do bautizo... algunhas cousas puxémosllas a nosa xemelga Rita e mirade que ben lle sentaban:




Xuntámonos tamén cos nosos compañeiros e compañeiras de 3 anos A, para ver un vídeo que conta de onde viñemos. Poidemos ver que os homes e as mulleres son distintos físicamente: os homes teñen pene e testículos e as mulleres vulva e peitos.














Aprendimos que para que se forme un neno ou nena teñen que xuntarse moito o papi e a mami, tanto como que o home introduce o pene na vaxina da muller.
A partir de ahí, se un dos espermatozoides que ten o home alcanza un óvulo que ten a muller comeza a formarse o/a bebé.
O neno ou nena fórmase dentro do ventre da mamá e está dentro dela durante 9 meses aproximadamente, mentres se vai formando e colocando para sair do ventre. Mentres está no ventre está unido a nai polo cordón umbilical que é a través do que se alimenta.Cando nacemos córtannos ese cordón e o que nos queda é o que coñecemos polo ombigo.