sábado, 29 de dezembro de 2007

FESTIVAL DE NADAL

Os nenos e nenas do cole de Aguiño festellamos o Nadal cun festival para todo o alumnado, profesorado e nais e pais.
O festival levouse a cabo no auditorio de Aguiño, o día 21 de Decembro de 10:00 a 13:00 h.
Cada grupo fixo unha actuación que previamente foi traballada e preparada nas aulas.
Os nenos e nenas de 3 anos B cantamos unha panxoliña. A letra inventouna a profe Silvia e a música puxémoslle a da panxoliña "A MARIMORENA".
(A panxoliña podédela ver en páxinas antigas do blog).
A actuación foi breve pero boa, non si?
Aínda que só se lle oeu cantar a profe Silvia os demais participamos aplaudindo, cantando polo baixo... e sobre todo, estivemos moi ben colocadiños na fila para que todos os espectadores e espectadoras poideran vernos ben.
Quedou moi vistoso porque tod@s iamos vestidos cun vaquero azul, un xersei vermello e un gorro vermello de Papa Noel.
O mellor de todo o festival foi A VISITA DE PAPA NOEL!!, que a pesar de que algúns nenos e nenas asustáronse un pouquiño e choraron, para a maioría foi o mellor do festival. De xeito, moitos nenos e nenas levaron ben o longo que se fixeron todas as actuacións (polo pequen@s que son) porque sabían e esperaban desexosos a Papa Noel.
Temos unhas pouquiñas fotos que queremos compartir con tod@s vós, a ver que vos parece.




Disfrutade das vacacións cativos e cativas, que teñades uns pouquiños agasallos de Reis (para que haxa para tod@s) e vide con folgos para o novo ano.

FELICES FESTAS A TOD@S!!

quinta-feira, 27 de dezembro de 2007

ANIVERSARIO DE UXÍA

O día 30 de Decembro cumprirá 3 anos Uxía da aula de 3B, pero festellámolo na aula o día 20 para que todos os seus compañeiros e compañeiras poideran celebralo con ela.
Uxía, non só é a máis pequena da clase, senon DE TODO O COLEXIO!!!! É a máis pequena de todo o alumnado do CEIP de Aguiño!!
Para festellalo,Uxía troúxonos uns matasogras,que moito traballo lle deu algúns para facelos soar, unha tarta de queixo, que estaba moi boa, e o que máis lle gustou ós seus compañeiros e compañeiras, foron os pratos de cartón de MICKEY MOUSSE para comer a tarta.
Uxía soprou as velas con axuda da profe Silvia,cantámoslle o parabéns, comemos a tarta e agasallámola cuns debuxos que lle fixemos para xuntarllos nunha cartulina acompañada dunha tarta con 3 velas para que lle quede de recordo.
Pasámolo moi ben e grazas Uxía por deixarnos levar para casa a prato de Mickey onde comimos a tarta.
Que cumpras moitos máis e pásao ben o día 30, que é cando é o teu verdadeiro aniversario.FELICIDADEEEEEEEES!!!!!!

quinta-feira, 20 de dezembro de 2007

VISITA Ó SUPERMERCADO

O mércores, día 19 de Decembro, fomos a visitar o supermercado da mamá e papá de Lucía Pérez; dentro da invitación que fixo a profe Silvia a tódalas familias para participar voluntariamente na aula.
Antes da visita, a mamá de Lucía P. viu a aula a contarlle o conto preferido de Lucía : OS SETE CABRITILLOS.
Os nenos e nenas gustoulle moito, e logo preparámonos e fomos a visitar o seu supermercado. Veu con nós a profe Kika e a profe Teresa cos seus nenos e nenas de 3 anos A.
Alí poidemos ver coma era un supermercado e todo o que alí había: galletas, bebidas, champús, iogures, chocolate, chuches, basoiras, papel hixiénico, pasta de dentes, lentellas, garbanzos, cola-cao..... Moitas cousas!!!
Coñecimos a charcuteira, que é a chica que corta e prepara os fiames, e cortounos chourizo para comer. A mamá de Lucía deunos un cacho de pan para acompañalo, e.... QUE BO ESTABA!!!!

Tamén coñecimos o carniceiro, que nos amosou un polo ben grande. Xa non tiña as plumas e staba listo para corta e levar para cociñar.
Ó marchar pasamos pola caixa, E SORTE QUE TIVEMOS QUE A CAIXEIRA NON NOS COBROU NADIÑA!!!!! NINGUÉN LEVABA CARTOS!!!!
Ó sair da tenda pasamos polo almacén, que é o sitio onde gardan a mercancia e cando acaban algún producto na tenda, o collen do almacén e o repoñen enseguida.
Logo fomos ata a casa de Lucía P. que é moi grande e de pedra. Pero a verdade,é que xa nos quedamos no xardín porque tiña un tobogán moi apetecible e unha casiña de madeira feita polo seu pai para Lucía e as súas irmáns Mariví e Ana. Alí xogamos con todos os xoguetes que tiñan dentro e pasámolo moi ben facendo algo distinto.

MOITAS GRAZAS LUCÍA P. POR COMPARTIR CON TOD@S NÓS AS TÚAS COUSAS!!!!
E GRAZAS Á TÚA NAI E O TEU PAI POR ENSINARNOS O SEU OFICIO!!!! GRAZAS!!!
A ver se máis familias anímanse a participar na proposta. Tomade nota. Estades convidados.

FOMOS DE EXCURSIÓNS

O día 12 de Decembro fomos de excursión o CASTRO NEIXÓN a Boiro con tod@s os nosos compañeiros e compañeiras da etapa de Infantil.
Alí ensináronnos as casiñas de antaño que se chamaban castros, e a verdade, non teñen moito que ver coas casas que temos agora: Durmían no chan!!!! e era de pedra!!! de ahí que fixeran fogatas no interior dos castros para non ter frío.
A comida tamén a facían nese lume, e todo dentro do castro.
Os aparellos de cociña eran potes fundalmentalmente e o lume facíase con madeira, nada de vitrocerámicas!.
Nós estivemos dentro da reproducción dun castro coma se estivésemos na asamblea da aula, sentadiños e observando todo. Vimos que o teito era de palla, non de ladrillo nin pedra.
Eran casa pequenas nas que vivían moitas persoas e non existían habitacións independentes nin cuarto dos xoguetes.Que distintos eran os antepasados respeto a nós, no sí?
Logo, vimos os restos que quedan do Castro Neixón, que é o máis antigo de Galicia.
E xa despois de merendar, voltamos para o cole no AUTOBUS!!! que iso sí que nos gustopu ben!!!!
A viaxe en autobus foi todo un descubrimento para moitos nenos e nenas.
Por sorte, poidemos volver de excursión o día 18 de Decembro o MUSEO ETNOGRÁFICO de Artes, pretiño da escola pero ainda así fomos tamén en bus.
Esta vez os nenos e nenas de 3 anos fomos nun microbus e tivemos unha conductora moi simp´´atica que nos puxo os LUNNIS na tele.
O tempo non acompañaba moito, como ben puxo o encargado chovía.Pero ainda así pasámolo moi ben. Mentres un grupo de Infantil ía a ver a exposición os demais estivemos na cafetería merendando, cantando e divertíndonos ata que nos tocaba a quenda.
Na exposición, poidemos ver aparellos de labranza e de outros traballos que se desenvolvían, bastante máis, fai uns cantos anos.Vimos unha lareira, redes, unha dorna, timóns, potes, pistolas, moedas antigas.....
Cando xa todos visitamos a exposición, subimos nos buses e..... DE VOLTA PARA Ó COLE!!
Alí xuntámonos con algúns dos nosos compañeiros e compañeiras que non viñeron.

Pasámolo moi ben

CASTRO NEIXÓN



MUSEO ETNOGRÁFICO DE ARTES

quarta-feira, 19 de dezembro de 2007

ACTUACIÓN DA RONDALLA DE AGUIÑO

A profe Silvia propuso as nosas familias participar voluntariamente na nosa aula como libremente quixeran, de tal xeito que poidan ver o traballo en grupo, a dinámica da aula.. e participar e colaborar nunha tarefa compartida entre familia e escola: A EDUCACIÓN.

A primeira participación foi a que nos fixo a mamá de Ramón (Loli) xunto con dúas amigas. Todas elas pertence o grupo da Rondalla de Aguiño, que ten máis de 20 anos de formación. Só cantan en galego e quixeron vir a cantarnos unhas panxoliñas o cole.
Como sabiamos que era unha actuación única convidamos os nosos compañeiros e compañeiras de Infantil e viñeron os nenos e nenas de 4 anos, da profe Paula.Os demais non puideron e non saben o que se perderon...........
Estiveronnos presentando distintos instrumentos:
a mandolina, a bandurria, o laud e a guitarra.
E logo, cantarónnos, bailamos, aplaudimos.... PASÁMOLO MOI, MOI, MOI..... BEEEEN!!!!
Para probas un botón: MIRADE


domingo, 16 de dezembro de 2007

sábado, 15 de dezembro de 2007

AGRADECEMENTOS

O primeiro agradecemento queremos facelo a ANPA do cole de Aguiño polo seu agasallo:
AS CORTINAS DO BAÑO!!!




GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS!!!


Outro agradecemento adicado a profe Uxía dos nenos e nenas de 5 anos do noso cole porque prestounos un ordenador para que a nosa aula tamén teña un coma tódalas clases de Infantil. Aínda que temos que decir que non está en funcionamento todavía porque está pendente dunha visita do informático do cole Javier. Pero en canto acenda poñerémoslle un nome entre tod@s e usarémolo como un recurso máis da aula, tanto de forma educativa coma lúdica.




MOITAS GRAZAS UXÍA!!!


Outro agradecemento para o noso compañeiro KEVIN da aula de 4 anos porque regalounos uns peluches que trouxo da súa casa. Repartiunos con todas as aulas de Infantil.
Moitas grazas Kevin pola túa xenerosidade e por compartir con nós os teus xoguetes.
Gustáronnos moito!! Grazas!!

Unha vez máis queremos dar as grazas as nosas compañeiras de Infantil porque convidáronnos a participar no seu TALLER DE ZAPATOS que propuxeron para este Nadal.
A profe Paula, de 4 anos, e a profe Uxía, de 5 anos, propuxeron facer as pegadas que deixa Papa Noel cando vai as casas dos nenos e nenas. Para iso, estiveron recollendo todo tipo de zapatos que lle foron chegando por distintas vías: nais, pais, profes, nenos e nenas doutras aulas...
Os zapatos que chegaban íasen expoñendo ata que chegou o momento de elexir zapatos e poñerse a andar!
Nesa andadura, participamos os nenos e nenas da aula de 3B facendo as nosas propias pegadas, pero os nen@s de 4 e 5 anos, fixeron máis experiencias cos zapatos coma decoralos, pintalos con sprais dourados, facer comparacións, medicións....
Pasámolo moi ben e o resultado podédelo ver nestas fotos:















O NADAL NA NOSA AULA

Como sabedes, e se aprecia, é o nadal e a aula de 3B do cole de Aguiño quixemos facer algunhas decoracións para mergullarnos neste tempo de luces, adornos, panxoliñas, comilonas, agasallos, reunións e xuntanzas, recordos, emocións...
A profe Silvia trouxonos unhas piñas do MONTE PEDROSO, en Santiago, e logo pintounas cuns sprais de cores dourada e prateada (típicas do nadal).E mirade o resultado:







Tamén fixemos unha árbore de Nadal, na que participamos todo@s. Cada neno e nena fixemos o que sería unha póla da árbore, que representamos cun triángulo verde que cada un decorou libremente e o seu gusto con pegatinas.
A profe pegou todos os triángulos dándolle forma de árbore.
Mirade que ben quedou:




O Nadal tamén chegou o cole de Aguiño. Mirade que árbore fixeron dende o equipo de Medio Ambiente e con latas de refresco. MOI ORIXINAL!!! ENHORABOA polo resultado!!.

PEQUENAS INVESTIGACIÓNS

A profe Silvia dí que nós tamén estudiamos coma os maiores. O que estivemos estudiando foi o noso corpo e as súas características. Aprendimos a observar as diferencias e semellanzas entre nenos e nenas e a respetar as diferencias físicas de cadaquen.
Tamén estimamos medidas, procurando adiviñar quén era o máis alto ou alta da clase e o que máis e menos pesaría. Logo contrarrestamos as nosas predicións coa realidade. A profe trouxo unha pesa, que nos deixou a profe de Ximnasia Alicia, e pesámonos tod@s. Tamén medímonos cunha cinta métrica que está debuxada nun mural que temos pegado na porta de entrada (pola parte interior).
Posteriormente reflexamos os resultados nunhas cartulinas para facernos unha idea coa cantidade que pode representar un número ou outro.Cando tod@s pintamos a nosa altura e o noso peso, Silvia acompañou os resultados coas nosas fotos para que poidéramos identificar cada un/-a o seu resultado. Como logo colgamos as cartulinas á vista de tod@s foinos máis fácil facer comparacións e saber quén é o máis alto da clase (AARÓN), os máis baixos (ANTONIO E UXÍA) e quén pesa máis (SAMUEL) e menos (IRIA E AINHOA).
Poidemos comprobar que cada número representa unha cantidade e será maior a cantidade canto máis ascendemos na serie numérica.
Pásamolo moi ben facendo esta experiencia e descubrindo cousas novas que non sabiamos.

ANIVERSARIO DE SAMUEL

O Martes 4 Decembro festexamos o meu aniversario. Eu son Samuel e cumprín 3 anos o día tres de Decembro.Por fin puxen a miña vela na cartulina dos nenos e nenas que teñen 3 anos!!! Son o neno máis novo da aula de 3B, xunto con Uxía que xa pronto cumprirá tamén.Miña nai fíxome un bizcoito na casa para levar á escola e degustalo cos meus compañeiros e compañeiras. Tod@s dixeron que estaba moi bo!!!
O que máis me gustou foi a coroa que me fixo a profe Silvia e que decoraron os meus amigos e amigas. Tívena posta todo o tempo porque era o meu día E FUN O REI!!! Antes de soprar as 3 velas, díxome a profe que pedira un desexo e para que se cumpra, non volo vou a contar!!
Os meus compis cantáronme os parabéns e déronme un agasallo moi especial e que gardarei con agarimo para sempre. Cada un fíxome un debuxo para mín e Silvia púxomos nunha postal de felicitación. Amósovos as fotos que temos para que vexades mellor o ben que o pasamos.GRAZAS POR TODO AMIGOS E AMIGAS!!





quarta-feira, 12 de dezembro de 2007

CONSTRUINDO PONTES

Neste curso 2007-2008 dende o equipo de normalización lingüística animouse a tódalas aulas do centro a que participasen no proxecto "CONSTRUINDO PONTES". Trátase de chegar o máis lonxe posible, a lugares non coñecidos e rincóns por descubrir. Con esta iniciativa prétendese traballar co alumnado non só cuestións curriculares coma a lectoescritura, senón tamén coñecer outros nenos e nenas de outras escolas, lugares... e como traballan.
A nosa aula de 3B cartéase co CRA de Narón, a profe Teresa cos nenos e nenas de 3A cartéase cun cole de Cambre, a profe Paula de 4 anos cun cole de Salceda e a profe Uxía de 5 anos cun cole de Catoira.
A semana pasada enviamos ós nosos amigos e amigas de Narón a nosa primeira carta. Nela presentámonos un pouco, mandámoslles os nosos símbolos de animais cos que nos identificamos dende o principio de curso e un papel pequeno chamado mapa para que viran onde esta situado o noso cole E QUE LONXE ESTAMOS DELES!!!
Estamos ansiosos por recibir a súa resposta e poder coñecelos mellor.
A profe Silvia fíxonos un buzón para que o encargado ou encargada do día poida mirar se temos algunha carta.

segunda-feira, 10 de dezembro de 2007

As cores nas paisaxes

Como ben sabedes o noso blog chámase "OS DIAS DE CORES" e non foi elexido o nome ó azar.
Pensamos que todo o que a nosa vista alcanza e o que non podemos ver, pero sí sentir, percibir, oler, tocar, acariciar, masticar..... ten unha cor que sexa a que sexa para nós é significativa. Cadaquen percibe como pode e segundo as súas experiencias. Dámoslle un significado ou otro ós estímulos que percibimos.
Queremos que adiquedes uns minutos o vídeo seguinte para que vexades como as cores están presentes tamén nas paisaxes E QUE RESULTADOS TAN IMPRESIONANTES!!!
Aproveitamos este tempo de Outono, pero cun pé xa posto no Inverno, para que degustedes destas paisaxes invernais.E por suposto non dudedes en deixarnos os vosos comentarios, faríanos moita ilusión PORQUE SERÍAN OS PRIMEIROS COMENTARIOS QUE TERÍAMOS!!!

domingo, 9 de dezembro de 2007

O noso baúl de recordos

Como este blog creouse fai pouco queremos que todos e todas poidades coñecer un pouquiño o noso traballo e dinámica da aula de 3 anos B no cole de Aguiño, para iso creamos o noso baúl cos nosos recordos e traballos feitos nos meses anteriores a Decembro.



Comezamos ensinando a obra de arte que nos fixo a nosa profe Silvia para darlle a nosa aula luz e cor e para que non estivese tan baleira e "limpa".







Agora ensinámosvos a nosa propia obra de arte que fixemos os 15 nenos e nenas da clase durante o periodo de adaptación no mes de Septembro para experimentar coas cores.

Non quedou nada mal, verdade?







Na nosa aula tamén celebramos a chegada do OUTONO. Recollimos follas no patio para poñer no noso mural do Outono que fixemos entre todos e todas e exúxémolo na porta de entrada da aula para que así tod@s poidan velo.

Pintamos follas coas cores do Outono (amaralas, verdes e marróns) a partir da lectura que nos fixo a profe dun conto.

A profe foi quen as recortou, porque nós ainda non sabemos facelo, e logo pegámolas no mural.

Tamén celebramos o SAMAÍN no cole e cada neno e nena trouxo da súa casa unha cabaza decorada. Expusemos todas polo centro e o día 30 de Novembro tódalas aulas do cole fomos ordeadamente a visitar a exposición e ver as cabazas de tódolos nenos e nenas do cole. Realmente algunhas parecían mercadas do ben traballadas que estaban.


Na nosa clase tamén fixemos entre tod@s e coa clase da profe Teresa ,que son os nenos e nenas de 3 anos A e cos que traballamos moito en equipo, unha cabaza para cada aula. Logo a nosa cabaza expuxémola na nosa clase durante uns días.









Posteriormente ó Samaín, celebramos o MAGOSTO.Para iso estivemos facendo na clase uns bolsos a base de dous tetra brikes que solicitamos ás familias.A profe recortou os treta brikes que levamos limpos e secos para a aula e forrounos con papel charol de cores, fíxolle tamén unha asa para colgalo e agarralo cos mesmos cartóns e papeis charol.
Quedáronnos moi vistosos e fóronnos moi útiles para gardar as castañas que nos deu o castañeiro que veu ó cole nun compartimento do bolso, e no outro compartimento gardamos as tonas das castañas que íamos comendo.




Na nosa aula dispoñemos de distintos rincóns de xogo a través dos que se pretende alcanzar infinidade de obxectivos destacando o xogo libre, o respeto ós demais, compartir xoguetes e materiais, recoller o rincón...
A hora de recoller identificámola porque a profe Silvia comeza cantando a canción da recollida e nos seguímola mentres recollemos:

A recoller, a recoller
a ordear, a ordear
cada cousiña
sempre ó seu lugar.