terça-feira, 24 de junho de 2008

FESTA DE DESPEDIDA

O venres 20 de xuño foi o último día de escola, o que marcou o final dun curso, dunhas emocións, dunhas experiencias, dunhas situacións compartidas cos nosos compañeiros e compañeiras, o mmomento de despedidas: a da nosos compañeir@s que para o vindeiro curso van para Primaria, doutros que non veremos durante o verán, dalgunhas profes que non volverán ó noso cole e teñen que seguir o seu camiño cara outro distinto ... foi un acúmulo de emocións e sensacións que moitos e moitas expresamos abertamente.
O bo de todo é que comezan as vacacións, tan merecidas por tod@s, e que teremos máis tempo libre para facer aquelo que nos gusta e para disfrutar da nosa familia e amig@s moito máis.
Para levar mellor a despedida, no noso cole fixemos unha festa especial na que nos viñeron uns monitores e monitoras a facernos xogos.
O que máis nos gustou foi o hinchable onde non nos cansamos de saltar e brincar:










































Logo fomos o obradoiro de globoflexia onde as monitoras fixéronnos globos con formas de espadas e flores:































DESPOIS PUXÉMONOS A BAILAR:








POR ÚLTIMO XOGAMOS A CORDA E AS CHAPAS: