sábado, 8 de março de 2008

POR MIN QUE CHOVA

Un dos experimentos que máis nos sorprendeu foi no que descubrimos o terceiro estado da auga. Xa sabemos que pode estar líquida, tamén sólida en forma de xeo e agora xa sabemos que tamén pode estar en vapor.
A profe Teresa de 3 anos A troúxonos un camping gas da súa casa para quentar auga nunha pota e ver o que sucedía.
Poidemos comprobar que co fogo a auga quentábase e comeza facendo burbullas na auga e logo sae coma un fume que nos dixo a profe Silvia que era o vapor.
De un en un fomos poñendo a nosa man enriba da pota para ver que o vapor é quente e pode queimar.
Tamén vimos coma o vapor quedaba na tapadeira da pota e ahí convertíase en auga e logo caían pinguiñas de auga no chan, o que sería a choiva.
A profe Silvia díxonos que iso pasaba igual cando o mar quentábase co sol e subia o vapor para as nubes e éstas gardan o vapor ata que se enfria o suficiente e comeza a chover en forma de gotas de auga.


Sem comentários: