domingo, 2 de março de 2008

AGASALLASO DE LUCÍA R.

O outro día o papá de Lucía Rosal troúxonos un marcapáxinas de gnomos. Quedamos encantados e encantadas porque seguimos pensando moito nos gnomos dende os disfraces deste entroido.
A profe Silvia díxonos o que eran e para que servían.
Agora usarémolos cando leamos os contos que levamos para casa grazas o servicio de préstamo da biblioteca, máis cos que teñamos na casa.
Como sobraron uns poucos regalámoslles tamén os marcapáxinas os nosos compañeiros e compañeiras da clase da profe Teresa (3 anos A).


Sem comentários: