sábado, 8 de março de 2008

OUTROS EXPERIMENTOS

A profe Silvia estívonos explicando o que era unha depuradora, para que servía e como funcionaba. Logo fixemos un experimento onde poidemos ver a función das depuradoras.Puxemos auga limpa nunha botella, botámoslle auga sucia con area do patio que previamente pasaba por un filtro que facía a función dunha depuradora e observamos perfectamente coma a suciedade queda separada da auga que saía limpa.












Outro experimento foi no que traballamos as disolucións. Fixemos mesturas de auga con sal e azucre e comprobamos que a auga quedaba igualmente transparente e sen embargo o sal e o azucre desaparecian.Para saber cal era a mestura do sal o do azucre tivemos que probalos e adiviñámolo polo sabor, un era doce e outro salgado. O salgado non nos gustou nadiña pero o doce... repetimos a mestura de auga con azucre pero desta vez fixémolo con azucre moreno e con ese si que cambia a cor da auga. Obtivemos unha cor marrón.












Sem comentários: