domingo, 9 de dezembro de 2007

O noso baúl de recordos

Como este blog creouse fai pouco queremos que todos e todas poidades coñecer un pouquiño o noso traballo e dinámica da aula de 3 anos B no cole de Aguiño, para iso creamos o noso baúl cos nosos recordos e traballos feitos nos meses anteriores a Decembro.



Comezamos ensinando a obra de arte que nos fixo a nosa profe Silvia para darlle a nosa aula luz e cor e para que non estivese tan baleira e "limpa".







Agora ensinámosvos a nosa propia obra de arte que fixemos os 15 nenos e nenas da clase durante o periodo de adaptación no mes de Septembro para experimentar coas cores.

Non quedou nada mal, verdade?







Na nosa aula tamén celebramos a chegada do OUTONO. Recollimos follas no patio para poñer no noso mural do Outono que fixemos entre todos e todas e exúxémolo na porta de entrada da aula para que así tod@s poidan velo.

Pintamos follas coas cores do Outono (amaralas, verdes e marróns) a partir da lectura que nos fixo a profe dun conto.

A profe foi quen as recortou, porque nós ainda non sabemos facelo, e logo pegámolas no mural.

Tamén celebramos o SAMAÍN no cole e cada neno e nena trouxo da súa casa unha cabaza decorada. Expusemos todas polo centro e o día 30 de Novembro tódalas aulas do cole fomos ordeadamente a visitar a exposición e ver as cabazas de tódolos nenos e nenas do cole. Realmente algunhas parecían mercadas do ben traballadas que estaban.


Na nosa clase tamén fixemos entre tod@s e coa clase da profe Teresa ,que son os nenos e nenas de 3 anos A e cos que traballamos moito en equipo, unha cabaza para cada aula. Logo a nosa cabaza expuxémola na nosa clase durante uns días.









Posteriormente ó Samaín, celebramos o MAGOSTO.Para iso estivemos facendo na clase uns bolsos a base de dous tetra brikes que solicitamos ás familias.A profe recortou os treta brikes que levamos limpos e secos para a aula e forrounos con papel charol de cores, fíxolle tamén unha asa para colgalo e agarralo cos mesmos cartóns e papeis charol.
Quedáronnos moi vistosos e fóronnos moi útiles para gardar as castañas que nos deu o castañeiro que veu ó cole nun compartimento do bolso, e no outro compartimento gardamos as tonas das castañas que íamos comendo.




Na nosa aula dispoñemos de distintos rincóns de xogo a través dos que se pretende alcanzar infinidade de obxectivos destacando o xogo libre, o respeto ós demais, compartir xoguetes e materiais, recoller o rincón...
A hora de recoller identificámola porque a profe Silvia comeza cantando a canción da recollida e nos seguímola mentres recollemos:

A recoller, a recoller
a ordear, a ordear
cada cousiña
sempre ó seu lugar.



2 comentários:

Anónimo disse...

Queremos felicitar as duas Lucias da clase de 3ºB ( as que están na penúltima foto do noso baúl dos recordos ) , que o pasado xoves día 13 de Nadal estiveron de santo .
Felicidades : Lucía Pérez e Lucía Rosal .

Anónimo disse...

Moitas grazas por visitar o noso recunchiño na rede, esperamos que veñades por aqui moitas veces e nos deixedes moitos comentarios. Moitos saúdos. Profe Silvia.