Como ben notaredes tod@s xa chegou o tempo de NADAL, e con él as cores das luces, os decorados, os adornos, guirnaldas. árbores, beléns...
Todo iso vai acompañado de panxoliñas e cánticos típicos deste tempo, que alegran, ou entristecen en moitas ocasións, os nosos paseos polas rúas, as nosas compras dos agasallos destas festas, o noso tempo libre de vacacións, as nosas visitas os Beléns máis grandes, as árbores máis altas, as visitas a Papa Noel nas grandes superficies comerciais, as cabalgatas dos Reis Magos.
Os nenos e nenas da aula de 3B do cole de Aguiño estamos aprendendo unha panxoliña que cantaremos no festival de Nadal. A letra foi inventada pola nosa profe Silvia que quixo baseala no traballo que fixemos nestes tres meses de inicio de curso.A música é a da panxoliña "LA MARIMORENA":
PANXOLIÑA
Os nenos e nenas
da clase de 3B
comezamos o colexio
por primeira vez.
ESTRIBILLO
Os nenos e nenas
do cole de Aguiño
desexan boas festas
ós nosos amigos.
somos os pequenos
somos os mellores
por iso cantamos
coma ruiseñores.
Comezamos chorando
e algúns moi calados
pero co paso do tempo
xa nos fomos soltando.
ESTRIBILLO
Nestes tres mesiños
traballamos un montón
aprendimos moitas cousas
sobre todo as nosas normas.
ESTRIBILLO
Traballamos cos rotulas
e tamén cos pegamentos
cos contos e os punzóns
traballamos un montón.
ESTRIBILLO
Aprendimos cancións
que é o que máis nos gusta
ademais de xogar,
correr e berrar.
ESTRIBILLO
Aprendimos este canto
para todos vós
desexando que vos guste
e aplaudades un montón.
ESTRIBILLO
domingo, 9 de dezembro de 2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário