O mércores, día 19 de Decembro, fomos a visitar o supermercado da mamá e papá de Lucía Pérez; dentro da invitación que fixo a profe Silvia a tódalas familias para participar voluntariamente na aula.
Antes da visita, a mamá de Lucía P. viu a aula a contarlle o conto preferido de Lucía : OS SETE CABRITILLOS.
Os nenos e nenas gustoulle moito, e logo preparámonos e fomos a visitar o seu supermercado. Veu con nós a profe Kika e a profe Teresa cos seus nenos e nenas de 3 anos A.
Alí poidemos ver coma era un supermercado e todo o que alí había: galletas, bebidas, champús, iogures, chocolate, chuches, basoiras, papel hixiénico, pasta de dentes, lentellas, garbanzos, cola-cao..... Moitas cousas!!!
Coñecimos a charcuteira, que é a chica que corta e prepara os fiames, e cortounos chourizo para comer. A mamá de Lucía deunos un cacho de pan para acompañalo, e.... QUE BO ESTABA!!!!
Tamén coñecimos o carniceiro, que nos amosou un polo ben grande. Xa non tiña as plumas e staba listo para corta e levar para cociñar.
Ó marchar pasamos pola caixa, E SORTE QUE TIVEMOS QUE A CAIXEIRA NON NOS COBROU NADIÑA!!!!! NINGUÉN LEVABA CARTOS!!!!
Ó sair da tenda pasamos polo almacén, que é o sitio onde gardan a mercancia e cando acaban algún producto na tenda, o collen do almacén e o repoñen enseguida.
Logo fomos ata a casa de Lucía P. que é moi grande e de pedra. Pero a verdade,é que xa nos quedamos no xardín porque tiña un tobogán moi apetecible e unha casiña de madeira feita polo seu pai para Lucía e as súas irmáns Mariví e Ana. Alí xogamos con todos os xoguetes que tiñan dentro e pasámolo moi ben facendo algo distinto.
MOITAS GRAZAS LUCÍA P. POR COMPARTIR CON TOD@S NÓS AS TÚAS COUSAS!!!!
E GRAZAS Á TÚA NAI E O TEU PAI POR ENSINARNOS O SEU OFICIO!!!! GRAZAS!!!
A ver se máis familias anímanse a participar na proposta. Tomade nota. Estades convidados.
quinta-feira, 20 de dezembro de 2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
5 comentários:
Moi ben, encantoume a iniciativa!, pero qué gusto dá ver a eses nenos comendo o chourizo!.
Non deixades de sorprenderme. Para min un 10.
Dende Vigo desexámosvos que pasedes unhas FELICES FESTAS DE NADAL e todo o mellor para o 2008.
¡¡¡Moitos bicos!!!
hola , estoy preparando oposiciones para maestra de educacion infantil, y en la academia me dicen q visitemos estos blogs porque nos hablan de la vida real en las aulas, asi que gracias,muchas gracias,espero aprobar y tener mi propio blog para el próximo curso. soy ana isalbel de vigo.
Moi interesantes todas as actividades. Grazas por compartir todo este traballo. Que teñades un Bo Nadal e a coller con folgos para o 2008.
moitas grazas por visitar este caderno da nosa clase e deixar os vosos comentarios,marta, mamiiago, ana isabel e xose antón...esperemos que o ano novo estreite vínculos entre colexios, familias, xente opositando...de novo, moitas grazas por aportar o voso graniño de area. Profe Silvia.
Enviar um comentário