Coma sempre solicitamos a participación e colaboración das familias para levar a cabo o proxecto d@s bebés. Moitos trouxeron cousas para a aula:fotos, babeiros, cueiros, chupetes, biberóns, libros, C.Ds, roupa e calzado... e fomos poñendo todo na rincón das exposicións:
Grazas a todos e todas pola vosa colaboración e desexamos que sigades participando e traendo cousas relacionadas,así como, pensar en facer algúnha intervención na aula, coma vir a contarnos o voso embarazo e experiencia, contarnos os coidados dun/dunha bebé,os coidados que precisa, a alimentación que teñen... mostrarnos e explicarnos obxectos, fotos... relacionadas, contarnos o momento do parto ...
Ah! decirvos que gustaríanos que trouxerades algúnha ecografía dos vosos fillos e fillas para que se vexan no ventre da súa nai, coñezan cómo eran, vexan como foron medrando e formándose ata que naceron, e cómo se ían colocando dentro da bolsa, por onde se alimentaban ...
MOITAS GRAZAS!!
domingo, 4 de maio de 2008
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
¡Qué exposición máis bonita! E o da visita das familias, seguro que será super intenresante!!!
Grazas Marta polos teus ánimos e a visita ó noso blog.
Segue visitándonos e mandándonos máis comentarios.
ola compañeiros de 3 anos B. somos os golfiños de aguiño e gustanos moito mirar o voso blog. bicos
http://www.maisinternetmaisgalego.org/aodia/diadasletras.php?lg=gal
na parte de abaixo tedes moitos enlaces para traballar o autor das letras galegas.
Enviar um comentário