ÉRASE UNHA VEZ... UN/UNHA BEBÉ.
Previamente anotamos todo o que sabiamos dos/das bebés:
Logo, solicitamos a colaboración das familias e xa comezamos a ter respostas:
Chegaron ás aulas cordóns umbilicais, patucos, babeiros, biberóns, cueiros, videos, fotos....
En cada aula naceron uns bebés. Na nosa naceron dúas xemelgas que cada neno e nena levará durante dous días para a súa casa para aprender os coidados dun bebé.
As nosas bebés chámanse RITA E ISA.
Aprendimos xa moitas cousas:
Ós/ás bebés cando nacen póñenlle unha pulseira no hospital co nome da súa nai, para saber de quen é fillo ou filla. Nos puxémoslle unha a nosa bebé que nos trouxo a ver unha nena de 4 anos da profe Paula:
Aprendimos a poñer un cueiro:
Aprendimos e escoitamos cancións de berce para arrolar e durmir ós/ás nenos e nenas:
VINDE TODOS CALADIÑOS,
VINDE TODAS CALADIÑAS,
QUE O MEU NENO ESTÁ DURMINDO
ESTÁ DURMINDO NO COLIÑO.
Aprendimos que as ECOGRAFÍAS son unhas fotos que se lle quita ós/ás bebés cando están dentro do ventre das súas nais:
Coñecimos animais que nacen dentro do ventre da súa nai e son MAMÍFEROS coma a nós:
Estivemos vendo fotografías que nos trouxo Iria, Ramón, Ainhoa, Lucía Pérez de cando eran bebés. Tamén trouxo Lucía P. un biberón e Ainhoa cousas de cando ela era pequena: uns patucos, uns babeiros, uns zapatos, un xoguete, unha palma de ramos moi pequena, a vela do bautizo... algunhas cousas puxémosllas a nosa xemelga Rita e mirade que ben lle sentaban:
Xuntámonos tamén cos nosos compañeiros e compañeiras de 3 anos A, para ver un vídeo que conta de onde viñemos. Poidemos ver que os homes e as mulleres son distintos físicamente: os homes teñen pene e testículos e as mulleres vulva e peitos.
Aprendimos que para que se forme un neno ou nena teñen que xuntarse moito o papi e a mami, tanto como que o home introduce o pene na vaxina da muller.
A partir de ahí, se un dos espermatozoides que ten o home alcanza un óvulo que ten a muller comeza a formarse o/a bebé.
O neno ou nena fórmase dentro do ventre da mamá e está dentro dela durante 9 meses aproximadamente, mentres se vai formando e colocando para sair do ventre. Mentres está no ventre está unido a nai polo cordón umbilical que é a través do que se alimenta.Cando nacemos córtannos ese cordón e o que nos queda é o que coñecemos polo ombigo.
4 comentários:
Ola profe Silvia aqui che deixo un enlace para que lle sigas poñendo videos chulos os teus nenos e as túas nenas.
Que bonito é este novo proxecto, eu tamén quero estar na vosa clase...
escoladesoldon
http://www.galegoelogo.com/xeracionelogo/arrolo.php
Grazas compañeiros e compañeiras polas vosas visitas. Xa sabedes que podedes aportarnos todo o que queirades e que atopedes interesantes sobre os/as bebés.
Enviar um comentário