segunda-feira, 4 de fevereiro de 2008

A CHAMADA DOS GNOMOS

Este ano dende o Equipo de Biblioteca propúxose para o entroido o tema dos seres fantásticos e o ciclo de Infantil decidiu ir de gnomos e as profes de cogumelos.
Tod@s sentimos curiosidade polos gnomos, a súa vida, as súas costumes... polo que a profe Silvia leeunos un conto dos gnomos e levounos a audiovisuais a ver películas dos gnomos co que achegámonos máis a eles e a súa vida.
Mirade que sesións de cine tivemos sobre os gnomos:




De seguida fixemos a chamada dos gnomos en busca de axuda para facer os disfraces e a resposta foi sorprendente:

MOITAS GRAZAS A TODAS AS MAMIS!!! A PENA É QUE NON VIÑERAN TAMÉN PAPIS!!
A VER SE SE ANIMAN PARA A PRÓXIMA, VALE?



Crea Tu Comentario =)





Despois do duro e rápido traballo feito polas familias moitas mamás animáronse a disfrazarse tamén de gnomas polo que organizamos outro taller para elas e.... de novo a traballar!!!














As profes tamén tiveron que diseñar o seu disfraz, que por certo, non quedou nada mal:







Días antes ó Entroido estivémonos preparándonos para recibir esta festa, facendo antifaces e caretas:





E.... POR FIN CHEGOU O DÍA DO ENTROIDO!!!!
O venres, día 1 de febreiro, festellamos no colexio o entroido.
Fixemos un pasarrúas, o principio pasado pola miúda choiva pero logo, moi vistoso e colorido grazas a charanga que nos acompañou todo o tempo coa súa música alegre e festeira e ós disfraces tan ben elaborados sobre o mundo máxico e fantástico.
Os de infantil coma xa sabes iamos de gnomos, as profes de cogumelos, os nen@s de 1º de trasnos, os de 2º de magos, os de 3º de fadas , os de 4º de bruxas os de 5º e 6º de ENTS.
Despois da gran camiñata xuntámonos no pavillón a degustar os postres típicos do entroido que voluntariamente trouxeron os nenos e nenas da súa casa e bebidas aportadas pola ANPA do colexio que organizaron "moi vikingamente" o reparto.
Logo, seguimos disfrutando da charanga que amenizounos un bo rato mentres tod@s xogamos e bailamos moito.

Polo momento só podedes ver estas pouquiñas fotos, porque a cámara xa non tiña máis batería, pero conseguirei máis e poderedes velas. Un pouquiño de paciencia:






O prometido é deuda:











Conseguimos outras pouquiñas:




Sem comentários: