quarta-feira, 5 de março de 2008

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

O luns troúxonos a mamá de Lucía P. uns peixiños que lle regalou a irmá maior de Lucía (Mariví) polo seu aniversario. Son de cores e poidemos ver como comen, por onde respiran e onde viven. A profe falounos da importancia de que a auga onde viven ten que estar sempre limpa. Lucía contounos que limpábanlle a auga e dábanlle de comer tódolos días.A profe tamén nos dixo que eses peixes non se comen, non son coma os que os pescadores e pescadoras collen no mar.
Tivémolos de visita toda unha mañá na nosa aula e tamén levámolos a ensinar os nosos compañeiros e compañeiras das outras aulas.
Todos quedamos encantados con esta visita tan especial.
A pena foi que Lucía non lembraba como se chamaban os seus peixes. Xa lle dixemos que preguntara na casa, pero..... debeuse de esquecer!.


Sem comentários: