terça-feira, 24 de Junho de 2008

ATA SEMPRE




Este é o momento que me gustaría moito poder falar ca miña profesora Conchita de Preescolar (por aquel entonces) para poder decirlle que aquela nena pequena, con 3 anos que tiña na súa aula e quería ser profesora de maior para parecerme a ela O CONSEGUIU!!
Nesta última oposición aprobei e destináronme para Aguiño, un destino non desexado por mín por non estar preto da miña casa, pero pronto, moi pronto adapteime e soiben levar moi ben o feito de estar soa nun piso todo o curso e TODO GRAZAS

AS MIÑAS COMPAÑEIRAS, que me fixeron todo máis doado, que me acompañaron nos bos e malos momentos, que me entenderon, me apoiaron, me axudaron, e sobre todo, ME DERON A SÚA AMIZADE. GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS.Non vos esquecerei.Sodes estupendas!!Moita sorte para todas.

ÓS MEUS NENOS E NENAS,que tanto me deron sen darse nin conta. Non cambiedes e seguide así de auténticos e con esa inocencia que vos caracteriza. Grazas polo voso cariño e frescura. Grazas, grazas, grazas.

E A MOITAS FAMILIAS, que foron moi receptivas e me entenderon.Grazas, grazas, grazas.

E GRAZAS A TI, CONCHITA, GRAZAS A TI DESCUBRÍN Ó QUE MÁIS ME GUSTA: SER MESTRA E TRABALLAR COS NENOS E NENAS!! GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS.

Xa vos comunicarei o meu próximo destino cando o sepa.ATA SEMPRE.

FESTA DE DESPEDIDA

O venres 20 de xuño foi o último día de escola, o que marcou o final dun curso, dunhas emocións, dunhas experiencias, dunhas situacións compartidas cos nosos compañeiros e compañeiras, o mmomento de despedidas: a da nosos compañeir@s que para o vindeiro curso van para Primaria, doutros que non veremos durante o verán, dalgunhas profes que non volverán ó noso cole e teñen que seguir o seu camiño cara outro distinto ... foi un acúmulo de emocións e sensacións que moitos e moitas expresamos abertamente.
O bo de todo é que comezan as vacacións, tan merecidas por tod@s, e que teremos máis tempo libre para facer aquelo que nos gusta e para disfrutar da nosa familia e amig@s moito máis.
Para levar mellor a despedida, no noso cole fixemos unha festa especial na que nos viñeron uns monitores e monitoras a facernos xogos.
O que máis nos gustou foi o hinchable onde non nos cansamos de saltar e brincar:










































Logo fomos o obradoiro de globoflexia onde as monitoras fixéronnos globos con formas de espadas e flores:































DESPOIS PUXÉMONOS A BAILAR:








POR ÚLTIMO XOGAMOS A CORDA E AS CHAPAS:




ANIVERSARIO DE AINHOA

A nosa compañeira Ainhoa cumpriu 4 anos o día 22 de Xuño e como xa nos colle de vacacións festellámolo o día 20 coa festa de despedida do cole.
Fixémoslle a coroa de raíña, pediu un desexo, soprou a tarta, fixémoslle os agasallos e Ainhoa regalounos uns lápices de cores e un boli para a profe Silvia para que nos quedara de recordo.
Grazas Ainhoa e que cumpras moitos máis.



















sexta-feira, 20 de Junho de 2008

O MANDILÓN O FOGÓN

Os nosos compañeiros e compañeiras de 5 anos rematan a Educación Infantil para pasar a Primaria onde as cousas son moi distintas. Por iso quixemos facerlles unha festa de despedida onde tamén lle deron unha sorpresa moi emotiva a súa profe Uxía, que de seguro que a botarán de menos. A profe Ana axudoulles a facer unha poesía para Uxía que entre todos e todas fóronlle lendo verso por verso e cunha música de fondo de Toquinho. Logo fixeron o rap do mandilón onde decían que era un tostón, que daba moita calor... todo o malo que lle vían e en consecuencia quitáronno e metéronno no fogón para despedirse de eles para sempre. Logo, dímoslle un agasallo a profe Ana polo seu marabilloso traballo e tantas cousas máis que nos fixo e nas que nos axudou. MIL GRAZAS ANA!!! Non temos para pagarche todo o que nos destes.Eres estupenda!!


quinta-feira, 19 de Junho de 2008

EXCURSIÓN A COUSO

Hoxe xoves 19 de xuño fumos de excursión a Couso para achegarnos máis a natureza, coñecela mellor, respetala aprender a querer os animais e a coidalos e tamén convivir cos nosos compañeiros e compañeiras.
Aínda que o tempo non estivo da nosa parte pasámolo moi ben e disfrutamos un montón.
Primero tivemos os nervios de antes de marchar e subir ó autobus:
PARA O AUTOBUS:




XA NO AUTOBUS:








CHEGAMOS A COUSO:


ACOMODÁMONOS:


FOTO DE GRUPO PARA O RECORDO:

BAIXAMOS A PRAIA.




NA PRAIA:









IMOS A MERENDAR:





A MERENDAAAR!!!






COÑECIMOS UN GATIÑO QUE RECOLLEU EVA PARA COIDALO:






EVA E A SÚA NAI PREPARADAS PARA UNHA SORPRESA:



QUE SERÁ, SERÁ...


OOOOOOH!!!









VISITAMOS ÓS ANIMAIS:


ESTA É BONI



E ESTA LINDA QUE ESTABA MOI NERVIOSA:


ALGÚNS E ALGUNHAS ATREVÉRONSE A ACARIACIALOS:








A GALIÑA:

A OVELLA:










XOGAMOS:







SOLTAN OS CABALOS E VÉMOLOS CORRER:








ASOMBRADOS E ASOMBRADAS:







DAMOS AS GRAZAS E DESPEDÍMONOS:


ACTUACIÓNS DE E PARA INFANTIL

Este mércores 18 tivemos dúas actuacións: unha das mamás dos nenos e nenas de 4 anos. Fixeron a obra de teatro BRANCONEVES.
Traballaron moito e sobre todo con moita ilusión e aínda que estaban nerviosas antes de comezar pensando en cómo lles saldría fixéronno MOI pero que MOI BEN.
Moitas grazas por este momento tan especial e emotivo.
Da gusto ter familias tan colaboradoras e implicadas na labor educativa.
Mil grazas outra vez as familias de Aguiño.Sodes estupendas!!

OS ESPECTADORES E ESPECTADORAS ESPERANDO A FUNCIÓN




A BANDA SONORA POLA CONTA DA PROFE YOLANDA DE MÚSICA




O COMEZO:


O REI:







AS NARRADORAS:




AS PERSOAXES:









A seguinte actuación foi a da Rondalla de Aguiño, que visitan o noso cole por segunda vez. Viñeron a tocarnos unhas cancións que nós estivemos previamente preparando e aprendendo coa profe Yolanda de música e as profes nosas.
A aula de 3 anos B aprendimos a canción O COLEXIO, 3 anos A AS PARTES DO CORPO, 4 anos A CIDADE e 5 anos A CHUVIA.

Despois das nosas actuacións A Rondalla tocáronnos algunha canción máis para disfrutar e bailar entre todos e todas: nenos, nenas, profes, mamás ...

Grazas polo momento tan divertido que nos fixestedes pasar.
Para agradecerlle esta visita quixemos agasallalos cuns xarróns con flores que fixemos nós para elas e eles.

Esperamos que vos gustaran e que para o ano que ven poidamos seguir contando con vós para disfrutar xuntos.

GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS.

A RONDALLA:







ACTUACIÓN DE 3 ANOS A:




ACTUACIÓN 3 ANOS B:










ACTUACIÓN DE 4 ANOS:


ACTUACIÓN DE 5 ANOS:

AS MAMÁS ANIMADAS E XA RELAXADAS:


AS CANCIÓNS DE DESPEDIDA:



AS PROFESIONAIS:



ACABOUSE, OOOH!!






AGRADECEMENTOS E AGASALLOS PARA A RONDALLA:








ANIVERSARIO LUCÍA ROSAL

Nesta semana tivemos outro aniversario o de Lucía Rosal que tamén cumpliu 4 anos.
Festellámolo coma sempre: con biscoito, que fixo a súa aboa e estaba ben rico, fixemos os debuxos, coroamos á reina, pediu o desexo, soprou as candeas e comimos!!





















ANIVERSARIO MIGUEL

O 17 xuño estivo de aniversario o noso compañeiro Miguel. Xa é un máis do club dos nenos e nenas que xa teñen 4 anos!!
Troúxonos un biscoito riquísimo e moi grande!!!
Puxémoslle a coroa do rei, cantámoslle os parabéns, fixémoslle os debuxos de agasallos, pediu o desexo, soprou as candeas, e comimos o biscoito.
Pasámolo moi ben e o biscoito estaba riquísimo:


















terça-feira, 17 de Junho de 2008

AS MALETAS VAN PARA CASA







segunda-feira, 16 de Junho de 2008

O CARREIRO

Un ano máis dende o colexio queremos facer chegar a todas as familias a revista anual O CARREIRO que publicamos dende o cole co grandísimo traballo do Equipo de Novas Tecnoloxías fundamentalmente.
Nesta revista recollemos novas de sucesos, entretenemento, obradoiros, contos, poemas, experiencias , debuxos, excursións, visitas ...
A nosa aula de 3 anos B fixemos o artículo do Obradoiro de Meigallos e a profe Silvia fixo o do agradecemento ás familias de Educación Infantil.
Antes de levalas para casa intentamos firmar as revistas dos compañeiros e compañeiras para levar de recordo.
Podedes ver a participación de todo o alumnado e profesorado do colexio recollendo o que traballamos durante este curso 2007-2008.