quarta-feira, 30 de janeiro de 2008

APRENDEMOS A PLANTAR

O outro día aprendimos a plantar cos nenos e nenas maiores do noso cole, grazas a iniciativa proposta polo equipo de Medio Ambiente.
Estivemos plantando bulbos coa axuda dos de 6º e incluso as nosas profes quixeron intentalo e.... este é o resultado:





domingo, 20 de janeiro de 2008

DÍA DA PAZ

O día 30 de Xaneiro é o día mundial da PAZ. Un día de reflexións, para intentar mellorar en tódolos aspectos, ser máis solidarios, máis xenerosos, comprensivos...
pero non só neste día, o propósito debe de ser para sempre ou polo menos intentalo.
A través da poesía de GLORIA FUERTES semella ser moito máis doado:


SOLO TRES LETRAS

Solo tres letras, tres letras nada más,
solo tres letras que para siempre aprenderás.
Solo tres letras para escribir PAZ.
La P, la A, y la Z, solo tres letras.
Solo tres letras, tres letras nada más,
para cantar PAZ, para hacer PAZ.
La P de pueblo, la A de amar
y la zeta de zafiro o de zagal.
(De zafiro por un mundo azul,
de zagal por un niño como tú)

(Gloria Fuertes)
PAZ



MÁIS PAZ



INFINIDADE DE PAZ








PON O TEN GRAN DE AREA
NA TÚA TERRA POLA PAZ.


Este é o noso gran:






sábado, 19 de janeiro de 2008

FACEMOS BOLOS

Dende a volta das vacacións estamos traballando "OS XOGUETES" aproveitando que viñeron os Reis Magos. Xa aprendimos que temos que coidar os xoguetes e sobre todo, que debemos compartilos porque a verdade é moito mellor xogar cos nosos amigos e amigas que sós.Non é necesario ter moitos xoguetes que ó mellor nin caso lle facemos senón ter os máis axeitados e saber aproveitalos. Na nosa aula quixemos recrear un xogo, e fixemos uns bolos con pelota para xogar tod@s. Collimos botellas de auga baleiras que estivemos gardando para a ocasión, metímoslles unha pouca area que se recolleu do patio exterior para que tiveran algo de peso, logo, estivemos experimentando un pouco con elas: batímolas coma maracas, fixemos música rasgándoas,quitamos a tapa e volvimos a enroscar.... Despois puxémonos a pintalas con pinceis e témperas de cores. Pasámolo xenial decorándoas!! Despois tivemos que deixalas a secar e para o luns XA XOGAREMOS CON ELAS!!! A bola foi feita con papeis de albal que fomos recollendo das merendas dos mércores que toca bocadillo de fiame. Mirade o proceso:




Co ben que xogamos xa fixemos un club de bolos en Aguiño, E XA TEMOS EQUIPAXE!!!



Genera Tu Camiseta



Genera Tu Camiseta

NOTICIAS DE NARÓN

Antes das vacacións de NADAL tivemos noticias dos nosos amigos e amigas de Narón.
Enviáronnos agasallos de Nadal que puxemos na nosa árbore.
Contáronnos onde estaba a súa escola e mandáronnos tamén as súas fotos. Mirade:




Agora,á volta de vacacións, volvímoslle a mandar unha carta na que lle preguntamos polo ano novo, os agasallos dos Reis Magos e enviámoslle un exemplar do noso calendario mariñeiro e a dirección do noso blog para que nos vexan e poidan facernos comentarios.

A nosa carta foi resultado dun truco de maxia que nos fixo a profe Silvia: escribimos a carta nun ordenador, logo,según a profe, metímolo nun aparatiño pequeno que lle chaman "Pen Drive" e,por último, fomos a sá do profesorado, que é a aula dos mestres e mestras onde non entran os nenos e nenas, pero nesta ocasión deixáronnos para que metéramos o Pen Drive no ordenador e sacáramos a carta escrita nun folio que metimos no sobre para enviar a Narón.
Logo,a profe, fixo outro truco de maxia: levounos a xunto a fotocopiadora e só con poñer a nosa man nun cristal conseguimos obter nun folio o debuxo da nosa propia man.
A verdade é que quedamos IM- PRESIONAD@S!!
A maxia existe no mundo Infantil.

MÁIS DESCUBRIMENTOS

O mércores os nenos e nenas da profe Uxía ,de 5 anos,trouxéronnos a ensinar un COCO, de tal xeito, que suscitou tanta interese entre nós que o xoves a profe Silvia troúxonos un e poidemos ver que é moi pesado, que dentro ten líquido, que fai ruído se o batemos, que é marrón, que é redondo, que ten pel con pelos....
Logo abrímolo coa axuda de Andrés,o conserxe, e pudimos ver que o líquido que tiña é auga de coco. Animámonos a probara auga que estaba ben rica e duce e logo comimos a parte comestibla do coco que se chama pulpa e é branca. Para algúns estaba moi duro pero en xeral gustou moito a pesar de que o inicio non tiñamos moi boas caras mentres mirabamos para él.
Descubrimos que o coco é un froito máis e que ten fibra e sales minerais.


CALENDARIO MARIÑEIRO

Como ben sabedes tod@s, co remate do ano 2007 os nenos e nenas levaron para casa un calendario mariñeiro que se fixo no cole entre tódolas aulas. Foi unha proposta feita dende o equipo de normalización e dinamización lingüística para o ano 2008.Cada aula ocupouse dun mes e a nós tocounos a contraportada.Tódalas ilustracións ian acompañadas dun refrán ou dito mariñeiro e o noso foi este:

TODO O QUE VEN Á REDE
É PEIXE.

É breve pero resume un pouco todos os outros ditos feitos polos nosos compañeiros e compañeiras.
Agora nós na nosa aula estamos utilizándoo para sinar o día no que estamos. O encargado ou encargada do día é quen rodea o día no que estamos para ir acercándonos máis os números, a súa utilización e os súas distintas interpretacións en distintas situacións.


ENTREGA DE MANTEIS

Fai uns días a profe Silvia entregounos os manteis que nos regalou a mamá de Lucía P. ( Marisa) cando fomos de visita a súa tenda. Estrenámolos un día na clase na hora da merenda pero como xa temos os nosos na aula os novos levámolos para casa, para utilizalos nas comidas. Grazas polos manteis Marisa!!

domingo, 13 de janeiro de 2008

VAMOS Ó CINE

Na aula de 3 anos B comezamos a adicar os venres despois do recreo Ó DÍA DO CINE.
Nese tempo imos a aula de audiovisuais a ver unha película de debuxos animados.Procuramos escoller películas referidas ó que estamos traballando na aula.
Por exemplo, cando traballamos o corpo, fomos ver "O PATIÑO FEO", para ver que tod@s temos diferencias físicas e que todas teñen que ser respetadas e aceptadas. Recordade senón aquela frase tan oída: "SOMOS DIFERENTES, SOMOS IGUAIS"
No tempo de Nadal, vimos "A ÁRBORE DE NADAL".
Agora como estamos traballando os xoguetes, fomos ver "O SOLDADIÑO DE CHUMBO",na que se conta a historia duns xoguetes moi especias que teñen vida cando se fai de noite e xogan entre eles.
Este venres convidamos os nenos e nenas de 3 anos A a vir con nós e fomos tod@s xuntos. Pasámolo moi ben e gustounos a peli.
Mirade as cariñas:



Seguimos descubrindo cousas

O xoves, día 10, foi O DÍA DAS VISITAS:
Fomos a aula de informática para ver o noso blog entre tod@s. Algúns quedaron impresionados de ver a súa foto, o seu cumple ou ver de novo a Papa Noel alí no ordenador que tiñamos diante de nós!!
Pero o que máis lles gustou foi o gran descubrimento que fixeron a maioría, para ir a aula de informática, FOMOS NO ASCENSOR DO COLE!!!
Aprendimos como funciona un ascensor e para qué sirve, moitos non subiran nunca nun e por iso gustoulle moito a experiencia. A verdade é que parece maxía, xa que subimos ó ascensor nun sitio e nun intre estamos xa noutro lugar E SEN MOVERNOS!!
Mirade como descubrimos outra utilidade dos números:







Como fomos á primeira planta do cole, aproveitamos para ver as nosas plantacións de castiñeiros e descubrimos que co paso de tempo van medrando. Algúns dos da nosa aula xa se están asomando:



Cando estabamos mirando os nosos castiñeiros atopámonos coa profe Raquel de A.L e convidounos a ir a súa aula, e..... alá fomos!!
Enseguida comezamos a observar e a coller cousas das tantas que tiña alí. Gustáronnos moito os contos que tiña. Son un pouco distintos ós da nosa clase.
Grazas Raquel pola invitación.






Cando chegou a hora de marchar para a nosa aula, descubrimos que na segunda planta, tamén hai aulas onde estudian os maiores e son moi distintas ás nosas de infantil.Fomos de visita a un aula de 2º onde a profe Natalia deixounos entrar e ver os xoguetes que trouxeran os seus alumn@s á aula para mostralos ós seus compañeiros e compañeiras e compartilos entre tod@s. O que máis nos gustou foi un loro que falaba, facía sons e incluso movíase na póla na que estaba posto. Era moi grande e bonito.
Grazas pola visita profe Natalia!!

XA ESTAMOS DE VOLTA!!

Benvidas e benvidos de novo!!
Xa remataron as vacacións de Nadal e voltamos ás rutinas diarias.
Para algúns nenos e nenas foi como volver a empezar de novo, de feito, algúns esqueceron as normas, as rutinas, e outros ata choran, outra vez, ó entrar na escola e preguntan de novo por "mami".
A ver se nesta semana xa todo volve á normalidade.
Neste comezo do segundo trimestre, estamos traballando "OS XOGUETES", aproveitando a visita de Papa Noel e dos Reis Magos. Estivemos falando dos xoguetes novos que temos,de que hai que coidalos, deixalos... Compartimos os nosos soños feitos realidade cos nosos compañeir@s introducindos algúns na aula para que tod@s os coñezan: bonecas, aparellos de Spiderman, nevera, caixa rexistradora, Barbies, loro, balóns, ordenador, reloxos, contos...