Fixemos experiencias metendo auga nunhas bolsas para ver que pasaba. Pero non só metimos auga transparente, senón tamén auga verde coa mestura que fixeramos para saber de que cor era a auga noutro experimento.Logo fomos a metelos no frigorífico da sá de profesorado. Algún de nós xa imaxinou o que ía pasar, algúns pensamos que saería xeo e outros non tiñamos nin idea do que pasaría. Para sabelo tivemos que deixar pasar un día enteiro e .....
O día seguinte fomos a polas bolsas e... que pasou?
A auga xa non estaba!!!
Agora tiñamos xeo!!!
A profe Silvia deunos deses cubitos de xeo e podemos comprobar que estaban fríos, que non sabían a nada e que nos mollaban as mans.
Fomos para a clase cos cubitos nas mans e puxémolos nas mesas deixando pasar o tempo e saboreándoos. Démonos conta que co tempo os cubitos desaparecían pero a mesa quedaba mollada. A profe díxonos que esa auga era o cubito que se derretiu por quitalo do frigorífico para outro lugar máis quente, con máis temperatura volvendo a ser auga e que SE VOLVÉRAMOS A METER ESA AUGA NO FRIGORÍFICO VOLVERÍASE A CONVERTIR EN XEO OUTRA VEZ!!!
Observamos tamén os nosos cubitos verdes fóra da bolsa e tocámolos, vendo que as nosas mans manchábanse de verde. Deixamos os cubitos ata o día seguinte e... xa vos ensinaremos o que pasou:
Sem comentários:
Enviar um comentário