sábado, 5 de abril de 2008

SE PLANTAN E NON REGAN NIN FLORES NIN MEDRAN

O venres decidimos transplantar os castiñeiros que plantáramos na primeira evaluación, porque algúns xa medraron moito e quedáballe pequena a maceta onde estaban.
Dende o Equipo de Medio Ambiente facilitáronnos as ferramentas necesarias para plantar e un espacio preparado para os nen@s de 3 anos e tamén para os nen@s de tódalas aulas do cole.
Antes de nada a profe Silvia púxonos unhas lubas para non mancharnos e poder facer mellor o traballo:




Logo, collimos as macetas cos castiñeiros para levalas para ó patio e transplantalos. Tamén plantamos as sementes que non medraran.







Quitamos os castiñeiros e as sementes das macetas entre tod@s nós, transplantámolas na terra e logo regámolas para que medren tamén coa axuda do sol.









































quarta-feira, 2 de abril de 2008

BARCO Á VISTA!!!!

Hoxe festellamos O DÍA DO LIBRO INFANTIL no cole cos nosos compañeiros e compañeiras de 3 anos A na biblioteca. As profes explicáronnos que un día como hoxe, 2 de Abril, naceu un escritor coñecido por ANDERSEN e que escribiu moitos contos para nen@s que agora podemos leer e coñecer.As profes dixéronnos algúns dos contos que este escritor escribiu, como: PULGARCITA, A PRINCESA E O CHÍCHARO, O PATIÑO FEO...















Estivemos lembrando algúns deses contos e logo as profes déronnos un conto duns piratas que formaban unha tripulación chamada "La Perla Negra" e sempre van de aventura en aventura no seu barco pirata.















Cando chegamos a nosa aula, ésta empezouse a encher de barcos piratas, unha flota deles viñeron a embarcar a nosa clase e tod@s nós quedamos IMPRESIONADOS!!!
O mellor de todo foi a sorpresa que nos deu a profe Silvia cando nos dixo que cada un de nós ía levar para casa un deses barcos. Máis de un pensou tolear!!!
Agora só nos falta conseguir as persoaxes do noso barco pirata e para iso a profe irá dándonos uns sobres coas persoaxes aqueles días que nos portemos ben, asi que....
A COLECCIONALOS!!!