quarta-feira, 2 de abril de 2008

BARCO Á VISTA!!!!

Hoxe festellamos O DÍA DO LIBRO INFANTIL no cole cos nosos compañeiros e compañeiras de 3 anos A na biblioteca. As profes explicáronnos que un día como hoxe, 2 de Abril, naceu un escritor coñecido por ANDERSEN e que escribiu moitos contos para nen@s que agora podemos leer e coñecer.As profes dixéronnos algúns dos contos que este escritor escribiu, como: PULGARCITA, A PRINCESA E O CHÍCHARO, O PATIÑO FEO...















Estivemos lembrando algúns deses contos e logo as profes déronnos un conto duns piratas que formaban unha tripulación chamada "La Perla Negra" e sempre van de aventura en aventura no seu barco pirata.















Cando chegamos a nosa aula, ésta empezouse a encher de barcos piratas, unha flota deles viñeron a embarcar a nosa clase e tod@s nós quedamos IMPRESIONADOS!!!
O mellor de todo foi a sorpresa que nos deu a profe Silvia cando nos dixo que cada un de nós ía levar para casa un deses barcos. Máis de un pensou tolear!!!
Agora só nos falta conseguir as persoaxes do noso barco pirata e para iso a profe irá dándonos uns sobres coas persoaxes aqueles días que nos portemos ben, asi que....
A COLECCIONALOS!!!










1 comentário:

Anónimo disse...

hola nenos enenas de 3 anos son natalia