domingo, 2 de março de 2008

CUARTO EXPERIMENTO DA AUGA

Este experimento foi moi refrescante e gustounos moito porque aprendimos moitas cousas e hasta crimos que facíamos maxia.
Fixemos experiencias metendo auga nunhas bolsas para ver que pasaba. Pero non só metimos auga transparente, senón tamén auga verde coa mestura que fixeramos para saber de que cor era a auga noutro experimento.Logo fomos a metelos no frigorífico da sá de profesorado. Algún de nós xa imaxinou o que ía pasar, algúns pensamos que saería xeo e outros non tiñamos nin idea do que pasaría. Para sabelo tivemos que deixar pasar un día enteiro e .....
















O día seguinte fomos a polas bolsas e... que pasou?







A auga xa non estaba!!!
Agora tiñamos xeo!!!
A profe Silvia deunos deses cubitos de xeo e podemos comprobar que estaban fríos, que non sabían a nada e que nos mollaban as mans.

Fomos para a clase cos cubitos nas mans e puxémolos nas mesas deixando pasar o tempo e saboreándoos. Démonos conta que co tempo os cubitos desaparecían pero a mesa quedaba mollada. A profe díxonos que esa auga era o cubito que se derretiu por quitalo do frigorífico para outro lugar máis quente, con máis temperatura volvendo a ser auga e que SE VOLVÉRAMOS A METER ESA AUGA NO FRIGORÍFICO VOLVERÍASE A CONVERTIR EN XEO OUTRA VEZ!!!


















Observamos tamén os nosos cubitos verdes fóra da bolsa e tocámolos, vendo que as nosas mans manchábanse de verde. Deixamos os cubitos ata o día seguinte e... xa vos ensinaremos o que pasou:








AGASALLASO DE LUCÍA R.

O outro día o papá de Lucía Rosal troúxonos un marcapáxinas de gnomos. Quedamos encantados e encantadas porque seguimos pensando moito nos gnomos dende os disfraces deste entroido.
A profe Silvia díxonos o que eran e para que servían.
Agora usarémolos cando leamos os contos que levamos para casa grazas o servicio de préstamo da biblioteca, máis cos que teñamos na casa.
Como sobraron uns poucos regalámoslles tamén os marcapáxinas os nosos compañeiros e compañeiras da clase da profe Teresa (3 anos A).


sábado, 1 de março de 2008

TERCER EXPERIMENTO

Nesta ocasión quixemos saber a qué ule a auga.
Primeiramente dixemos o que nos pensabamos:

Ule a fresa, a limón, a perfume, a café, a tomillo, a vainilla, a allo, a cebola...
Fixemos comprobacións e.....
Chegamos a conclusión de que A AUGA NON ULE A NADA!!!












ANIVERSARIO DE LUCÍA P.

O día 1 de Marzo cumpre 4 anos Lucía Pérez pero na escola festellámolo o venres 29 de Febreiro. Troúxonos un biscoito que fixo a súa nai E ESTABA BEN BO!! de feito comímolo todiño.
Fixémoslle a coroa de reina, cantámoslle o parabéns, pediu un desexo, soprou as velas e comimos o biscoito.
















Lucía tamén trouxo uns oviños de chocolate pequeniños para tod@s e tamén trouxo para as profes.










Estas son as fotos de grupo cando lle demos a Lucía o seu agasallo: uns debuxos de tod@s nós nunha postal de aniversario coa súa foto:


POMPERO, PORON-POM-POM

Despois de facer burbullas nos nosos vasos con pallas e de ver os videos das pompiñas e burbullas, a profe Silvia trouxonos uns pomperos para facer as nosas pompas.Logo, levámolos para as nosas casas porque dixo a profe que podíamos volver a botarlle auga e un pouco de xabón para facer máis pompiñas. Comprobamos que as pompas SON AUGA E MOLLAN!!!

terça-feira, 26 de fevereiro de 2008