terça-feira, 24 de junho de 2008

ATA SEMPRE




Este é o momento que me gustaría moito poder falar ca miña profesora Conchita de Preescolar (por aquel entonces) para poder decirlle que aquela nena pequena, con 3 anos que tiña na súa aula e quería ser profesora de maior para parecerme a ela O CONSEGUIU!!
Nesta última oposición aprobei e destináronme para Aguiño, un destino non desexado por mín por non estar preto da miña casa, pero pronto, moi pronto adapteime e soiben levar moi ben o feito de estar soa nun piso todo o curso e TODO GRAZAS

AS MIÑAS COMPAÑEIRAS, que me fixeron todo máis doado, que me acompañaron nos bos e malos momentos, que me entenderon, me apoiaron, me axudaron, e sobre todo, ME DERON A SÚA AMIZADE. GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS.Non vos esquecerei.Sodes estupendas!!Moita sorte para todas.

ÓS MEUS NENOS E NENAS,que tanto me deron sen darse nin conta. Non cambiedes e seguide así de auténticos e con esa inocencia que vos caracteriza. Grazas polo voso cariño e frescura. Grazas, grazas, grazas.

E A MOITAS FAMILIAS, que foron moi receptivas e me entenderon.Grazas, grazas, grazas.

E GRAZAS A TI, CONCHITA, GRAZAS A TI DESCUBRÍN Ó QUE MÁIS ME GUSTA: SER MESTRA E TRABALLAR COS NENOS E NENAS!! GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS.

Xa vos comunicarei o meu próximo destino cando o sepa.ATA SEMPRE.

3 comentários:

Anónimo disse...

Hola son sara a de 5 non sabia que te ibas no colexio bueno que me da pena porque me caias moi ben coidate.

Un base sara 5

Anónimo disse...

Grazas Sara!! Disfruta do verán e colle forzas para comezar o curso en Primeiro. Segue así de estupenda. Moitos bicos e xa vos comunicarei para onde vou. Eivos votar moito de menos e lembrareivos sempre.Biquiños.

Anónimo disse...

Grazas a ti.
a e son Sara pero a de 5 de primaria e bou pa 6 a que lle regalastes a piña por navidad.
Veña coidate.