domingo, 8 de junho de 2008

5 de Xuño: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de Xuño festellamos o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.
Comentamos na aula a revista CROCODILO VERDE que publica o noso Equipo de Medio Ambiente do cole.
Nesa revista, cada aula fixo unha noticia referida ó Medio Ambiente.
Os nenos e nenas de Infantil, fixemos a nova da contraportada:
MATERIAIS VELLOS, PROXECTOS NOVOS.
Puxemos fotos onde se pode ve como utilizamos materias vellos, de desfeito e de refugallo para facer outras cousas: botellas de auga que se converten en bolos, papel de prata que se converte nunha bola enorme, botellas baleiras, cartóns, lá, latas... para facer un robot, caixas de cartón que se converten en cofres de tesouros, zapatos vellos que se converten en obras de arte ...
Tamén pintamos un crocodilo para levar para casa e a profe Silvia entregounos un carnet que agreditaba que cada un/unha de nós somos defensores e defensoras do Medio Ambiente posto que plantamos árbores e plantas (castiñeiros, bulbos...), reciclamos o lixo e tamén usamos materiais vellos e de refugallo para obter cousas novas.

1 comentário:

Anónimo disse...

ola nenos e nenas,aqui tedes un agasallo http://www.hablarenarte.com/juntosatravesdelarte.htm
para que xoguedes a facer tamén retratos no ordenador con debuxos doutros nenos e nenas. bicos, a profe uxia.