terça-feira, 5 de fevereiro de 2008





Dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e o Equipo de Biblioteca propúxose adicar un tempo ós meigallos e conxuros nas nosas programacións; e no ciclo de Infantil traballámolo neste tempo de Entroido.
Estivemos falando do que é un meigallo, para que serve e inventando os nosos meigallos para facer despois no día da PAZ, o 31 de xaneiro,O GRAN CONXURO de educación Infantil xunto cuns convidados moi cercanos a nós: os nosos compañeiros e compañeiras de 1º de Primaria que non quixeron perderse esta gran festa.
Fixemos un "ensaio" na clase:
- observando a cazola que utilizariamos para facer o gran conxuro
- mirámola
- describímola
- buscámoslle utilidades
- comprobamos a súa capacidade (podían meterse varios nen@s á vez)
- metimos os nosos ingredientes (cada nen@ meteu un)
- remeximos...
- e esperamos ata que daquel cunxuro saise unha brebaxe que convertira a todos os nenos e nenas en cativas e cativos bos.

Despois do recreo poidemos ver que o conxuro xa saira e degustamos o resultado para convertirnos en bos e............. O CONXURO RESULTOU!!!

Esta é a nosa experiencia:









Despois fixemos os nosos meigallos individuais na aula e sairon mesas que se convertían en coellos, a profe en sopa, crocodrilos que limpan, nenas convertidas en princesas, ratos convertidos en bonecas.....














Despois dos nosos meigallos individuais chegou a hora do GRAN CONXURO, fixémolo o día 31 de Xaneiro, adicándoo ó DÍA DA PAZ. Xuntámonos tod@s no patio para conseguir que sairan cousas positivas e boas.
Cada un de nós ia a xunto da cazola facía un meigallo e como ingredientes representativos metíamos zapatos que foron usados polos nosos compañeir@s de 4 e 5 anos nun taller de nadal.
Sairon moitos meigallos ainda que pouco variados. A maioría de nós pedíamos que as profes se convertiran en cans, elefantes, gaviotas.... porque facíanos moita gracia a súa transformación.
Despois de todos os meigallos, as profes remexeron todos os ingredientes para que saisen cousas boas.
Conseguiron facer aparecer caixas de galletas e caramelos para compartir entre tod@s.
Pasámolo xenial; cantamos, berramos, rimos, compartimos, comimos galletas, caramelos...
E VIMOS AS PROFES CON GORROS E CAPAS DE BRUXAS!!!! PARECÍAN DE VERDADE CON TODO ISO QUE DECÍAN:

"Que ninguén se pelexe.
MEU DITO,MEU FEITO
Que aprendamos a compartir.
MEU DITO, MEU FEITO
Que non haxa guerras.
MEU DITO, MEU FEITO
Que non se maltrate ós animais.
MEU DITO, MEU FEITO
Que ninguén insulte a nadie.
MEU DITO, MEU FEITO
Que todos e todas sexamos amig@s.
MEU DITO, MEU FEITO
................................"


Este foi o gran conxuro:

Sem comentários: