sábado, 19 de janeiro de 2008

NOTICIAS DE NARÓN

Antes das vacacións de NADAL tivemos noticias dos nosos amigos e amigas de Narón.
Enviáronnos agasallos de Nadal que puxemos na nosa árbore.
Contáronnos onde estaba a súa escola e mandáronnos tamén as súas fotos. Mirade:




Agora,á volta de vacacións, volvímoslle a mandar unha carta na que lle preguntamos polo ano novo, os agasallos dos Reis Magos e enviámoslle un exemplar do noso calendario mariñeiro e a dirección do noso blog para que nos vexan e poidan facernos comentarios.

A nosa carta foi resultado dun truco de maxia que nos fixo a profe Silvia: escribimos a carta nun ordenador, logo,según a profe, metímolo nun aparatiño pequeno que lle chaman "Pen Drive" e,por último, fomos a sá do profesorado, que é a aula dos mestres e mestras onde non entran os nenos e nenas, pero nesta ocasión deixáronnos para que metéramos o Pen Drive no ordenador e sacáramos a carta escrita nun folio que metimos no sobre para enviar a Narón.
Logo,a profe, fixo outro truco de maxia: levounos a xunto a fotocopiadora e só con poñer a nosa man nun cristal conseguimos obter nun folio o debuxo da nosa propia man.
A verdade é que quedamos IM- PRESIONAD@S!!
A maxia existe no mundo Infantil.

Sem comentários: