domingo, 9 de dezembro de 2007

Canto me folgo

Escoita a panxoliña en MP3

Eu durmindo estaba

Escoita a panxoliña

No pendello

Escoita a panxoliña en MP3

Se dan o fumeiro

Escoita a panxoliña en MP3

Árboles de Navidad del mundo

Árboles de Navidad del mundo

ÁRBORE DE NADAL

A árbore artificial de Nadal máis alta de Europa.
( O Porto, Portugal )

O NADAL

Como ben notaredes tod@s xa chegou o tempo de NADAL, e con él as cores das luces, os decorados, os adornos, guirnaldas. árbores, beléns...
Todo iso vai acompañado de panxoliñas e cánticos típicos deste tempo, que alegran, ou entristecen en moitas ocasións, os nosos paseos polas rúas, as nosas compras dos agasallos destas festas, o noso tempo libre de vacacións, as nosas visitas os Beléns máis grandes, as árbores máis altas, as visitas a Papa Noel nas grandes superficies comerciais, as cabalgatas dos Reis Magos.
Os nenos e nenas da aula de 3B do cole de Aguiño estamos aprendendo unha panxoliña que cantaremos no festival de Nadal. A letra foi inventada pola nosa profe Silvia que quixo baseala no traballo que fixemos nestes tres meses de inicio de curso.A música é a da panxoliña "LA MARIMORENA":

PANXOLIÑA

Os nenos e nenas
da clase de 3B
comezamos o colexio
por primeira vez.

ESTRIBILLO
Os nenos e nenas
do cole de Aguiño
desexan boas festas
ós nosos amigos.
somos os pequenos
somos os mellores
por iso cantamos
coma ruiseñores.

Comezamos chorando
e algúns moi calados
pero co paso do tempo
xa nos fomos soltando.

ESTRIBILLO

Nestes tres mesiños
traballamos un montón
aprendimos moitas cousas
sobre todo as nosas normas.

ESTRIBILLO

Traballamos cos rotulas
e tamén cos pegamentos
cos contos e os punzóns
traballamos un montón.

ESTRIBILLO

Aprendimos cancións
que é o que máis nos gusta
ademais de xogar,
correr e berrar.

ESTRIBILLO

Aprendimos este canto
para todos vós
desexando que vos guste
e aplaudades un montón.

ESTRIBILLO


ESPECIAL - LA NAVIDAD

ESPECIAL - LA NAVIDAD

quinta-feira, 22 de novembro de 2007

pasen sen chamar

BENVIDOS OS DIASDECORES!!!!!
Acabamos de chegar a este mundiño, ó mesmo tempo que a choiva, QUE XA ERAN HORAS!
Como xa estaredes cansados de oír fai máis de 50 anos que no se dira un Outono tan seco en Galicia.
Iso foi o que nos motivou a aula de 3 anosB do cole de Aguiño a mirar ó ceo e contar o qué vemos e o que imaxinamos.
Deste xeito tamén enlazamos o noso entorno e o que nel sucede co mundillo das TICS.