segunda-feira, 26 de maio de 2008

domingo, 18 de maio de 2008

A FESTA DOS ARROLOS

O xoves fixemos no ximnasio do cole a festa dos arrolos na que nos xuntamos todas as aulas de Infantil para darnos arrolos en galego; xa que era a semana das LETRAS GALEGAS E QUE SEGUIMOS TRABALLANDO CO PROXECTO D@S BEBÉS.

VAMOS PARA A FESTA:


Estivemos miramdo e dramatizando o que son os arrolos: quererse, abrazarse, acariciarse, coller un nen@ no colo e arrolalo...













logo para demostrar o noso cariño e querer cara ó demais, cada aula fixo un agasallo para os demais compañeiros e compañeiras de Infantil.


Os nenos e nenas de 3 anos A, coa profe Teresa, representaron o poema "Polo laranxal" de Xosé María Álvarez Blázquez:




Nós, os nenos e nenas de 3 anos B fixemos un baile coa canción de Migallas "EN GALEGO, SI! XA!"




Os nenos e nenas de 4 anos coa profe Paula, regaláronnos unha canción de berce:





Os nenos e nenas de 5 anos coa profe Uxía fixéronnos unha canción en galego inventada por eles e elas:




Despois dos agasallos bailamos tod@s xuntos ó ritmo de música galega. Mirade que ben o pasamos:















Cando rematamos a festa fomos para as nosas aulas e alí, nós fixemos un debuxo da festa dos arrolos:











ESTIVEMOS DE ESTREO

Nesta semana, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística agasallamos cunhas gorras novas para o patio a tod@s os nenos e nenas de Educación Infantil, posto que somos os que máis tempo nos pasamos no patio e cara ó sol.

As profes tamén estrearon sombreiros.

O mellor de todo é as frases que levan as gorras:
- Non fai sol
- SI TAL !