sábado, 29 de março de 2008

O ÚLTIMO EXPERIMENTO DA AUGA

Nesta semana dimos por rematado o proxecto da auga. Quixemos rematalo cun experimento curioso e descubrindo un aspecto máis da auga. Descubrimos que hai auga con gas, que fai ruido cando abrimos a botella ou cando movemos esa auga remexendo ou pasándoa dun recipiente para outro:




Logo, fixemos boliñas pequenas de plastilina e botámolas na gaseosa e vimos coma as bolas de plastilina subían e baixaban bailando pola gaseosa. Moitas bolas xuntábanse e víase coma se rodeaban das burbullas do gas e movíanse. A profe díxonos que subian e baixaban porque o gas entraba nas bolas de plasti e por iso movíanse coma as burbullas do gas na auga. Pasámonos un bo rato observando as bolas de plastilina ata que a gaseosa ía perdendo o gas(a forza) e entón a plastilina íase quedando no fondo da botella.







sexta-feira, 21 de março de 2008

FLOTA OU AFUNDE?

Previamente falamos de cousas que sabíamos que flotaban e de outras que afundían.
Logo comprobamos que pasaba con algunhas das cousas que tiñamos pola aula. Uns decían que flotaban e outros que afundían.

FIXEMOS COMPROBACIÓNS E ....









Despois do experimento, chegamos a conclusión de que para que algo flote non depende do seu tamaño senón do seu material.
De feito, comprobamos que as cores de pintar afundían pero se as poñemos enriba de algo que flota, coma un plato de plástico da nosa cociña, éstas flotan.

Logo, cubrimos o noso panel de flotación:




E a volta de vacación de Semana Santa recordamos as cousas que flotaban e as que afundían para facer a ficha de flotación:

quinta-feira, 20 de março de 2008

XIRAREI COMO AS RODAS DUN MUÍÑO

Fixemos máis experimentos da auga, nesta ocasión cun muíño da profe Gloria, e poidemos ver como o vento ou a auga teñen forza e poden mover os muiños que a sua vez moven as rodas de pedra que moen o millo para facer a fariña.
Estas son as nosas experiencias co vento (soprando moi forte e de forma continua):














Estas as experiencias coa auga:














Con estas experiencias quedamos moi sorprendidos ó ver que o muíño movíase sén que o tocásemos simplemente co vento ou coa auga.Comprobamos que o vento e a auga teñen forza e pódese aproveitar en forma de enerxía, de ahí, iso que nos contou a profe Silvia da enerxía eólica e hidraúlica.